O BNG di que o contrato das jackets para Iberdrola firmado onte por Navantia «non é a panacea»

Os nacionalistas afirman que apenas xerará postos de traballo para os operarios da empresa pública e que a carga recaerá nunhas "auxiliares precarizadas"
Mon Fernández e Néstor Rego, no Congreso, presentando unha iniciativa en defensa do naval na ría
Mon Fernández e Néstor Rego, no Congreso, presentando unha iniciativa en defensa do naval na ría

O candidato do BNG ao Parlamento Galego, o ferrolán Ramón Fernández “Mon”, mostrouse reticente ante o acto de sinatura do contrato entre Iberdrola e a UTE formada por Navantia e Windar para a construción de 62 jackets que conformarán un parque de eólica mariña en Saint-Brieuc (Francia).

Mon Fernández foi crítico coa “utilización perversa e noxenta que se fai do naval en campaña electoral” e comparou o anunciou de onte cos dos contratos con PEMEX no 2012 ou os do BAM no 2014. O representante do BNG dixo que a presencia do presidente da Xunta en funcións nestes actos “contrasta coa falta de iniciativas concretas do goberno galego no potenciamento do naval, máis aló de chorarlle as migallas ao goberno central”. «O goberno do PP na Xunta nen exerceu as competencias nen pedíu outras novas que lle permitan actuar sobre un sector que considera estratéxico, como é no naval”, afirmou o candidato do Bloque.

Ramón Fernández tamén criticou que se queira presentar este contrato «como a panacea» á situación de emerxencia económica e laboral que vive a comarca desde hai tempo, «cando é público e notorio que o persoal de Navantia non vai participar na execución co contrato», que queda en mans de persoal eventual das industrias auxiliares.

Desde o BNG insistiron en que para recuperar o naval na ría como elemento xerador de riqueza e emprego «é necesaria a creación dun Complexo Integral da Construción Naval na Ria de Ferrol» que serva para impulsar os investimentos e dotacións e enxeñería no centro de Fene, para desenvolver traballos propios e «apostar polo acceso real a todo tipo de produción naval que supere o monocultivo militar en Navantia, potenciando o naval civil e reforzando as áreas de turbinas ou reparacións».

 

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.