O BNG pide ao Concello que reclame a Defensa, o Porto, Emafesa e á Igrexa “as taxas que lles corresponden”

Os nacionalistas creen que é momento de aumentar a recadación pública para poder prestar máis servizos á cidadanía

O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego de Ferrol presentou unha moción que será debatida no pleno do vindeiro xoves con medidas concretas que teñen como obxectivo concretas “axudar a mellorar os ingresos municipais co obxectivo de que estes recursos económicos permitan encarar o futuro da cidade con dignidade e máis diante das lamentacións reiteradas deste goberno de carencia de recursos económicos para poder actuar na cidade”, explicaron os nacionalistas.

Creen no BNG que coa actual situación de crise sanitaria e económica, é necesario “deixar nun segundo plano dunha vez por todos os criterios do austericidio económico establecidos pola administración estatal e aplicados sen discusión polos gobernos locais de turno e empezar a destinar os recursos públicos a resolver problemas dos veciños e veciñas”.

Medidas

Entre as medidas concretas que propón o Bloque para incrementar a recadación do Conello, están esixirlle ao Ministerio de Defensa o pago dos tributos correspondentes às propiedades desafectadas existentes na cidade, entre elas as incluídas no convenio entre o concello e este Ministerio.

Tamén reclaman esixir o pago do IBI de contribucións especiais deste ano e das anualidades anteriores que a Autoridade Portuaria non abona “e que supón 700.000 euros ao ano que a veciñanza da cidade deixa de percibir”. O BNG propón reclamar a EMAFESA o pago do canón concesional, 1,4 millóns de euros ao ano, “que leva sen aboar desde o último trimestre do ano 2014, mentres nos segue a cobrar a taxa de depuración por un servizo que non prestou”, denuncia o grupo de Iván Rivas. E, por último, cobrarlle á Igrexa Católica as taxas e impostos municipais polas propiedades que non están afectas ao culto como poden ser aparcadaioros, vivendas ou baixos comerciais.

Salir de la versión móvil