O BNG presentará a súa proposta para o Sánchez Aguilera no Ateneo este martes

A idea dos nacionalistas é crear un gran pulmón verde da cidade con 90.000 metros cadrados
Archivo - Iván Rivas durante una visita al Sánchez Aguilera
Archivo - Iván Rivas durante una visita al Sánchez Aguilera

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol realizou unha visita ao interior do acuartelamento Sánchez Aguilera co fin de percorrer esta parcela e, sobre o terreo, tentar visualizar a proposta nacionalista que pasa por desvincular estes terreos do convenio con Defensa e así poder converter estas case 10 hectáreas hoxe abandonadas na maior zona verde urbana da cidade.

O BNG quere crear o grande pulmón verde da cidade con 90.000 metros cadrados. «Unha zona verde referencial na cidade de Ferrol e referencial no conxunto da comarca, unha zona verde dunha extensión de 10 campos de futbol no corazón da cidade para conectar o bario da Madalena, Canido, Santa Mariña e Catabois», explicou Iván Rivas.

O BNG pretende dar a coñecer a cidadanía a súa proposta e para iso organiza unha charla coloquio que terá lugar o vindeiro martes 20 de decembro às 19:30 horas no salón de actos do Ateneo Ferrolán.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.