O Campus de Ferrol acolle dende mañá a mostra «Mar de plástico»

A exposición quere concienciar á cidadanía sobre a contaminación do océano por mor do lixo plástico.
P_Contenido_1442854515794_860_1000_U_622f979b3dbbdf93731b5cbaf172952

A vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, María Jesús Movilla Fernández, o presidente da Asociación Mar de Fábula, Xosé Manuel Barros, e os artistas do colectivo Retoque Retro, Isaac García, Javier Serantes e Ana Lee, inauguran mañá, xoves 12 de marzo, ás 12:00 horas, na Sala de Exposicións do Centro Cultural Universitario, a exposición Mar de Plástico.

A mostra inclúe numerosas obras realizadas con materiais plásticos recuperados das praias galegas. A través desta iniciativa, Mar de Fábula e Retoque Retro queren concienciar á cidadanía sobre a contaminación do océano por mor do lixo plástico. A exposición, que se poderá visitar ata o vindeiro martes 31 de marzo, enmárcase dentro do programa Marzo Ambiental que promove a Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña en colaboración coa Fundación Alcoa.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.