O campus de Ferrol acolle unha xornada de sensibilización sobre o consumo de materiais plásticos

Este obradoiro, que terá lugar na Escola de Deseño Industrial, forma parte do programa "Marzo Ambiental" que organiza a UDC

Universidad de Esteiro cursos Carlos Gurmendez

A Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña e a Fundación Alcoa inician esta semana o proxecto “Marzo Ambiental” cun amplo programa de conferencias, visitas técnicas, obradoiros e traballo de campo cunha ambiciosa oferta de actividades que se prolongará ao longo de todo o mes.

Co obxectivo de formar á comunidade universitaria en conceptos básicos de sustentabilidade ambiental e social e desenvolver a capacidade de actuar nas cuestións ambientais prioritarias, trataranse contidos de emerxencia climática, exercicio e saúde, impactos ambientais, Green Campus, enerxía, auga, residuos e compostaxe, ecodeseño, pegada ecolóxica, pegada hídrica, mapas de ruído e consumo de auga así como auditorías de auga e enerxía.

En Ferrol levarase a cabo un destes obradoiros. Será o mércores día 4 de marzo as 12.30 horas. A actividade levará por título “Sensibilizándonos sobre como reducir o consumo de materiais plásticos” e estará impartida por Ana Ares e María José Abad, ambas profesoras da Escola de Diseño Industrial. O cita será na aula de audiovisuais da propia escola.

Este é o calendario completo do programa “Marzo Ambiental” que organiza a UDC:

CONFERENCIAS (Asistencia libre)

OBRADOIROS (Formulario inscrición)

 

Salir de la versión móvil