O Salón de Graos da Facultade de Humanidades e Documentación do Campus Industrial de Ferrol acolle, este xoves 2 de marzo, ás 13:00 horas, a mesa redonda Un ano de guerra en Ucraína na que intervirán o cónsul honorario de Lituania en Galicia, Rafael José de Espona, o autor do libro Ucraína. O camiño cara a guerra e coordinador do portal de seguimento e de análise da política internacional Descrifrando la Guerra, Alejandro López Canorea, e a coordinadora da Asociación Integral de Rescate en Emerxencias (AIRE), Teresa Mendi Villarejo.
Moderará a mesa redonda o profesor de Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais da Universidade da Coruña, Jorge Quindimil López, e presidirá o acto a decana do centro, Manuela del Pilar Santos Pita. A asistencia é libre ata completar o aforo.