O cemiterio de Catabois reabrirá ao público o próximo martes

O horario de apertura da instalación municipal será de luns a sábado de 10.00 a 19.00 horas e os domingos de 10.00 a 13.30 horas

O Concello de Ferrol abrirá ao público o cemiterio municipal de Catabois o próximo martes. Así o anunciou a concelleira de Servizos, Ana Lamas, que explicou que neste tempo traballouse de “forma intensa” co fin de establecer todas as medidas necesarias para garantir a seguridade e saúde tanto dos empregados como dos asistentes ao recinto.

Reforzarase a limpeza en todo o recinto, incluído bancos e elementos susceptibles de acumular contactos, sinalizaranse as portas de acceso e saída das visitas, facilitarase ao persoal material para desinfección das escadas, adquiriranse dúas sulfatadoras para poder facilitar a desinfección de todo o recinto e colocaranse dúas dosificadoras de xel en cada un dos accesos.

O horario de apertura da instalación municipal será de luns a sábado de 10.00 a 19.00 horas e os domingo de 10.00 a 13.30 horas. As persoas que acudan de visita deberán facelo provistos de todo o material que consideren preciso para a limpeza e ornato, como xerras, cubos, panos, vasoira. No cemiterio haberá unha escada e se establecerá un único punto para recollela e depositala. Será desinfectada polo persoal do recinto tras cada uso.

Medidas de seguridade

A concelleira lembrou que, como no podía ser de outra forma, as persoas que acceda ao recinto deberán cumprir en todo momento as normas e recomendacións hixiénico-sanitarias e de seguridade ditadas polas autoridades, como o uso de máscaras, manter a distancia de seguridade ou hixienizar as mans.

Pola súa banda, o persoal do cemiterio empregará os EPI (equipos de protección individual), que foron facilitados polo servizo de prevención de riscos.

Salir de la versión móvil