O CIM e a Casa da Muller seguen atendendo ao público a través do teléfono

Co motivo do confinamento puxéronse a dispor dos usuarios os números 981 944 124 e 981 944 240, que recibirán chamadas de 09.00 a 14.00 horas de luns a venres

O Concello de Ferrol, a través da concellería de Muller, que dirixe Cristina Prados, puxo a disposición da cidadanía dous números de teléfono de atención ao público de 9 a 14 horas de luns a venres unha vez pechara a presencial na Casa da Muller con motivo do estado de alarma decretado polo Goberno central.

Poderá contactarse co CIM (Centro de Información á Muller) no número 981 944 124, que será atendido en semanas alternas pola avogada e psicóloga da entidade respectivamente. Pola súa banda, no número 981 944 240 aclararanse o resto de dúbidas relacionadas coa actividade da Casa da Muller.

A concelleira Cristina Prados lembra que “a atención continúa prestándose durante o tempo que dure o confinamento” e insiste en que “as mulleres da cidade continúan estando apoiadas e protexidas polo Concello”.

Ortigueira

O Concello de Ortigueira tamén está moi pendente, nesta situación de confinamento, das problemáticas de violencia de xénero ou violencia familiar e por este motivo pon a disposición da poboación os recursos telefónicos de atención ás posibles vítimas.

A institución municipal traslada a mensaxe “Non te quedes na casa, axudámosche” e lembra que están disponibles nos teléfono da Muller 900 400 273 e os do Concello 981 402 542 e 604 002 167.

Salir de la versión móvil