O City tren reactívase esta fin de semana con motivo do III Festival Ilustrado de Ferrol

O tren turístico funcionará sábado e domingo de 17.30 a 20.30, facendo un percorrido polas áreas emblemáticas do século XVIII
336368137_1257135665226313_7511322316420249746_n
PUBLICIDAD

O City tren volverá a estar activo durante esta fin de semana con motivo da celebración da terceira edición do Festival Ilustrado de Ferrol. Será gratuíto e sen necesidade de reservar billete con antelación. Estará circulando durante sábado e domingo en horario de tarde, facendo un percorrido circular pola cidade, recorrendo algunhas das zonas con máis patrimonio do século XVIII. Funcionará de 17.30 a 20.30 horas, saíndo da praza de Armas, e seguindo pola rúa do Sol e Arce ata chegar a Amboaxe, onde realizará unha parada, para logo continuar por Magdalena, San Diego, e pola Real ata Breogán, estrada Alta do Porto ata chegar ao peirao de Curuxeiras.

No porto fará unha segunda pausa na parada de autobuses, fronte a fachada marítima . Seguirá a ruta por Irmandiños ata a praza de Galicia, volvendo a deterse na parada de autobuses ao carón da Alameda do Cantón, outro dos espazos máis emblemáticos da época ilustrada. Rematará o percorrido seguindo p ola rúa da Igrexa e subindo por Rubalcava ata a praza de Armas. O luns serán os usuarios do Centro de Día de Caranza os que recorrerán a cidade no City tren, caracterizados da Ilustración. O tren os recollerá ás 11.30 horas para chegar ata a praza de Am boaxe, onde se realizará unha exhibición.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.