O Club de Montaña de Ferrol reactiva a práctica da marcha nórdica, en sesións dunha hora unha vez á semana, coa colaboración da empresa Kapitrek, e o Concello de Ferrol. A idea é ofrecer todos os xoves a posibilidade de percorridos urbanos, ata fin de ano, e tentar configurar un grupo estable para desenvolver marchas máis longas con carácter máis deportivo no extraradio. Será imprescindible anotarse o mércores anterior.
Todas as marchas sairán sempre ás 20.00 horas de diferentes puntos da comarca. Tanto en outubro como el novembro sairase o primeiro xoves do local da Asociación de Veciños de A Cabana, o segundo do Conservatorio de Caranza, o terceiro do xardín da ranita, no porto de Ferrol e o último xoves do aparcamento do Lidl.
A organización disporá de 10 pares de bastons para aqueles que non dispoñan desta ferramenta, pero tamén pódense traer da casa. O primeiros 15 minutos serán de explicacion da especialidade e, ademáis, se reparasán os protocolos sanitarios anticovid para a práctica deportiva.