O Comité de Navantia esixe mellorar os protocolos antes de recincoporar a máis traballadores ás factorías

Creen que é imprescindible poder mapear os movementos de cada traballador dentro das instalacións e esixen unha ampliación do servizos de limpeza e mantemento

CGT

O comité de empresa de Navantia en Ferrol mantivo onte unha reunión coa dirección do estaleiro público para esixirlle que mellore os protocolos antes de seguir coa reincorporación de traballadores ás factorías. A principal demanda é poder identificar con nomes e apelidos a cada traballador que entra na factoría e coñécer en que talleres traballa ou en qué vestiarios se cambia, para poder realizar un mapeo preciso de toda a plantilla. “Deste xeito, en caso de detectarse un contaxio por Covid, poderemos trazar tódolos posibles contactos que tivo esa persoa co resto de compañeiros”, explica o presidente do comité, Javier Galán. “É unha cuestión de seguridade”, insisten desde o comité.

Trala reincorporación onte de case da metada da plantilla, actualmente hai unhas mil persoas traballando no estaleiro, entre as plantillas das auxiliares e os propios empregados de Navantia, e a previsión da dirección e que o próximo día 18 de maio se reincorpore un 25% máis e o 25 de maio o resto da plantilla. Pero o comité de empresa non está disposto a permitir este calendario “se non se pode garantir a máxima seguridade dos traballadores” e din que para iso “é imprescindible poder mapear os movementos de todos eles”.

Outra das demandas do comité é a ampliación do servizos de limpeza e mantemento, a cargo da empresa Acciona. “Se de aquí a dúas semanas queren incorporar a toda a plantilla de Navantia Ferrol terán que contratar a máis persoal e aumentar os turnos para garantir a máxima hixenización dos vestiarios e dos talleres”, advirte Galán.

Traballo remoto

Desde o comité criticaron que moitos dos traballadores que se reincoporaron este luns era persoal técnico ou de oficina que, según di Javier Galán, “podería estar traballando en remoto tal e como recomenda a Administración Pública e as autoridades sanitarias”.

Ademais, xa trasladaron á dirección da empresa o seu malestar porque algúns dos traballadores que voltaron ás factorías está considerado “trabrallador especialmente sensible” por sufrir algún tipo de patoloxía previa, polo que a súa recincorporación non debía facerse ata a última fase.

Salir de la versión móvil