O comité de Navantia Ferrol impide a entrada dos traballadores á factoría porque «non se cumpren os protocolos» esixidos

Os sindicatos esixen que se reduza o número de empleados nos estaleiros mentres non se acaden tódolos requisitos
CGT
CGT

O Comité de empresa de Navantia Ferrol impediu hoxe a entrada dos traballadores no turno de mañá na factoría como medida de presión para que a dirección do estaleiro público mellore os seus protocolos de seguridade fronte o Covid-19. Según explicou o presidente do comité, Javier Galán, «aínda non se están cumprindo tódolos requisitos esixidos para desenvolver os traballos coas máximas condicións de seguridade», tal e como leva pedindo o comité de empresa desde a primera semana de maio.

Os primeiros traballadores obligados a incorporarse foron os que traballan nos dous AOR australianos -preto de 600 persoas- ata acadar este pasado luns o millar de operarios dentro da factoría. O comité négase a permitir que continúe a incorporación de máis traballadores mentres non se poidan garantir algunhas medidas, como gardar a distancia de seguridade tanto nos buques, como nos talleres ou nos vestiarios.

Ademais, critican os sindicatos de Navantia Ferrol que o número de empregados dedicados á limpeza, hixenización e mantemento das instalacións é «o mesmo que antes da pandemia» e resulta «insuficiente» para cumplir cos novos protocolos.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.