Ferrol clausura as fontes públicas para combater os contaxios polo Covid-19

Realizáronse cortes do suministro e se puxeron carteis de advertencia en todo o municipio
Fonte precintada1

O Concello de Ferrol vén de limitar o uso de fontes públicas e lavadoiros co obxectivo de frear posibles contaxios polo Covid-19 entre a poboación. Seguindo as recomendacións formuladas polo Goberno autonómico, a concellería de Servizos, da que é titular Ana Lamas, está a cortar a subministración de auga potable en todos aqueles elementos nos que sexa posible.

Nos casos nos que non se poida suspender, o Concello está colocando carteis informativos desaconsellando o seu uso durante o tempo que dure o estado de alarma provocado pola crise sanitaria. Ademais, desde o departamento de Servizos tamén se está a precintar fontes e lavadoiros. Lamas explicou que a medida obedece ao obxectivo de “combater con determinación os posibles contaxios polo Covid-19 e a súa propagación entre a poboación”.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.