O Concello de Ferrol adapta o seu plan de limpeza ás demandas veciñais

As dúas máquinas quitaneves actuaron onte en Canido, Esteiro, Recimil ou Catabois
Caranza3

O Concello incorporou ao plan de limpeza e desinfección que executa en rúas e espazos públicos dende o inicio da crise sanitaria polo Covid-19 as demandas feitas polas asociacións veciñais, despois de que a concelleira de Obras e Servizos, Ana Lamas, solicitara aos ferroláns que informaran dos lugares que consideraban que requerían unha maior hixienización.

Entre os lugares propostos polos veciños para reforzar estes traballos, que inclúen espazos tanto do centro urbano como do rural, atópanse a rúa Ponzos, Caranza, Ferrol Vello, as avenidas de Santa Mariña e 19 de Febreiro, o Palco das Ánima, San Pablo, a estrada de Covas e Catabois e San Román, entre outros.

Ditas demandas están sendo atendidas tamén polas dúas máquinas quitaneves que na tarde de coordinaron unha nova xornada de limpeza. Ámbolos camións, con depósitos de 6.000 litros de capacidade, pasaron de novo polo barrio da Magdalena, Canido, Esteiro, Recimil, Telleiras, Caranza, o polígono da Gándara, Catabois e os Ensanches.

 

 

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.