O Concello de Ferrol asignará 130.000 euros para o programa de subvecións a entidades deportivas

O importe das axudas non poderá superar o 40% do orzamento das actividades e non poderá pasar de 10.000 euros
75323367_1331173580376228_7504353342756225024_o

O goberno socialista de Ferrrol presentou esta mañá ao resto de grupos políticos proposta de bases do programa de subvencións a clubs e entidades deportivas municipais para o fomento e promoción da educación física e o deporte para este ano.

O documento, que deberá aprobarse en pleno, recolle que o Concello de Ferrol concederá axudas por un importe total de 130.000 euros. Entre os gastos subvencionables están os realizados este ano en publicidade e difusión, de transporte e aloxamento, de persoal e asistencias técnicas, gastos de materiais consumibles específicos das actividades, os relacionados coa competición e a práctica deportiva e
gastos de xestión ou de subministracións, entre outros. O importe da subvención non  poderá superar o 40 % do orzamento das actividades e non poderá pasar de 10.000 euros.

A valoración das solicitudes corresponderalle a un órgano colexiado, a Comisión de Valoración, o cal será o encargado de formular a proposta de concesión. Estará composto polo concelleiro Golpe, un representante de cada grupo municipal, un técnico da concellería de Deportes e un funcionario do negociado. A comisión avaliará as solicitudes e emitirá un informe e as subvencións concedidas notificaranse aos interesados e publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello.

 

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.