O Concello de Ferrol califica de “inadmisible” e “preocupante” o abarrote de Pardo Bajo o pasado sábado

O goberno local afirmou que tomará medidas, pero cree que a responsabilidade recae directamente e de forma individual nos cidadáns

A nova normalidade parécese bastante á vella a xulgar polas imaxes que deixou a pasada fin de semana nalgunhas rúas de Ferrol. Na zona de Pardo Bajo e o Cantón, onde habitualmente se concentran preto dun milleiro de persoas nos meses de verán, o pasado sábado día 20 xuño volveu repetir a estampa e o abarrote de xente. Centos de clientes amontonados en terrazas e de pe, coas copas na man e a meirande parte de eles se mascarillas, nin gardando as distancias de seguridade.

Unha situación que quebranta de plano calquera tipo de recomendación sanitaria e que imcumple a normativa vixente respecto do uso das terrazas e dos espazos públicos. Tanto os hosteleiro como o Concello de Ferrol apelaron á responsabilidade cidadá para evitar que se repitan este tipo de situacións “que poñen en grave perigo a súde de toda a poboación”, dixo o alcalde Ángel Mato. O rexedor socialista calificou as imaxes como “pouco gratificantes” e insistiu en que as Administracións locais “non poden estar tutelando a vida dos cidadáns tódalas horas do día”, polo que demandou máis “concienciación” individual sobre a situación que estamos a vivir.

Pola súa banda o concelleiro de Seguridade, Germán Costoya, considera “inadmisible” o sucedido e explicou que o Concello tomará as medidas que sexan necesarias dentro das súas competencias para evitar que volva suceder. Para establecer futuras acciones mañá pola mañá terá lugar unha reunión coa Asociación de empresarios de hostalería de Ferrol e Comarca para “abordar de forma conxunta” o asunto. A Policía Local acudiu á zona ás dúas da mañá para indicar aos hostaleiros que debían recoller as terrazas, que poden estar abertas ata esa hora.

Publicidad

Costoya quere insistir en pedir á cidadanía “prudencia e responsabilidade individual” posto que as restricións sanitarias seguen en vigor. “O comportamento de cada un é clave para evitar a propagación do virus”, dixo. O concelleiro indica tamén que desde o Concello estase moi pendente do que decrete a Xunta de Galicia nos próximos días en relación ao lecer nocturno.

A hostelería pide máis control

Os hosteleiros, que foron sinalados como corresponsables desta situación, aseguran que eles cumpriron estritamente a normativa de terrazas e que non teñen forma de impedir que a xente permaneza na rúa. María Luisa Barro, xerente da Asociación de Empresarios de Hostalaría de Ferrol e Comarca solicitou máis presenza policial para dispersar a estas multitudes e abogou por “unha hostelería segura”.

“Quen pense que a nos nos beneficia isto, está equivocado. A meirande parte dos locais son sitios de comida para cear tranquilamente e é o que buscamos. Non nos gusta ver a rúa chea de rapazada bebendo fora, sen ningún tipo de protección nin control”, explicou.

 

Publicidad
Salir de la versión móvil