O Concello de Ferrol celebrará unha xornada sobre as diversidades sexuais

Os actos consistirán nun faladoiro, unha mesa debate e unha actuación musical e desenvolveranse no Torrente Ballester

O Concello de Ferrol loce desde o pasado venres, e durante unha semana, unha pancarta coas cores do arco da vella simbolizando o seu apoio ás reinvindicacións dos colectivos LGBTI con motivo do Día Internacional das Diversidades Sexuais, que tivo lugar onte domingo.

Ademais, desde a concellería de Igualdade programouse o alumeado da fachada do Teatro Jofre na pasada noite. Por outra banda, o Concello ten programado a celebración dunha xornada para a tarde do venres 24 de xullo na antiga capela do centro cultural Torrente Ballester con motivo do Día Internacional das Diversidades Sexuais, na que haberá un faladoiro, unha mesa debate e unha actuación musical.

Salir de la versión móvil