O Concello de Ferrol destina 21.500 euros á Casa de Acollida de Ferrol

Someterá ao pleno da corporación municipal ampliar ata 2026 o convenio de colaboración
Sede del Patronato Concepción Arenal
Sede del Patronato Concepción Arenal

O Concello de Ferrol continúa contribuíndo ao desenvolvemento do labor que exerce o Patronato Concepción Arenal de Ferrol a través dunha achega municipal que ascende este ano a 21.500 euros. A concelleira de Muller e Igualdade, Cristina Prados, e a presidenta da entidade, Beatriz Dorrio, rubricou onte mesmo o convenio, que busca promover a autonomía persoal das mulleres en situación de exclusión social a través da posta en marcha dun programa integral para a adquisición de habilidades sociais.

No marco deste convenio, o Concello contribúe ao financiamento e mantemento dunha vivenda tutelada asumindo os gastos do persoal que realizará as actividades desenvolvidas dentro do centro no ámbito psicosocial e laboral, entre outros, para a adquisición de ferramentas de cara a lograr a autonomía persoal das mulleres destinatarias. A edil indicou que o Concello está a facer un “importante esforzo” por contribuír ao desenvolvemento persoal das mulleres que máis o necesitan.
Ademáis, a concelleira de Muller e Igualdade, Cristina Prados, abordou na comisión informativa de Benestar Social, Igualdade, Muller, Xuventude e Patrimonio Histórico celebrada esta mañá a proposta de aprobación da prórroga do convenio de colaboración entre o Concello de Ferrol e a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol para a mellora do servizo da Casa de Acollida de Ferrol.  A duración inicial de dito convenio comprendía ata o 7 de outubro de 2022 e a proposta, que se someterá ao pleno da corporación municipal, contempla prorrogalo ata o 7 de outubro de 2026.
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.