O Concello de Ferrol entrega 4.000 máscaras protectoras aos comerciantes da Magdalena

O pasado día 20 recibíronas os locais que integran a entidade Ultramar Village e nos próximos días farano os de Caranza

O Concello de Ferrol iniciou hai unha semana o reparto de equipos de protección individual (EPI) entre os comerciantes da cidade. A través das asociacións que aglutinan aos negocios deste sector, o goberno local está a facer chegar as máscaras protectoras aos propietarios dos establecementos.

A través da concellería de Seguridade e da de Promoción Económica o pasado día 20 foron os responsables dos locais da asociación Ultramar Village os primeiros en recibilas, e onte mesmo o Concello facilitou outras 4.000 máscaras protectoras á asociación Centro Comercial Aberto Ferrol A Magdalena, que as repartirá entre os seus asociados.

O reparto proseguirá ata chegar a todas as asociacións de comerciantes de Ferrol, que recibirán o material en función do número dos seus establecementos e empregados.

Salir de la versión móvil