O Concello de Ferrol estuda a posta en marcha dun servizo de atención podolóxica para persoas sen teito

O goberno local e a Universidade da Coruña traballarán conxuntamente para atopar "a mellor fórmula" para levalo a cabo

A concelleira de Benestar Social e Patrimonio Histórico, Eva Martínez Montero, mantivo onte unha reunión telemática coa vicerreitora do campus de Ferrol da UDC, María Jesús Movilla, na que concretaron fórmulas para poñer en marcha unha colaboración entre o departamento de Podoloxía e o Concello de Ferrol co fin de atender a persoas sen teito e en exclusión social.

A intención é, segundo explicou a responsable dos servizos sociais municipais, analizar a “posta en marcha dunha atención podolóxica ás persoas máis vulnerables en coordinación coa UDC, e nos próximos días seguiremos avanzando neste asunto”.

No encontro de onte tamén se trataron outros asuntos, como a vontade de ambas partes para mellorar, incrementar e optimizar recursos no ámbito do voluntariado. Para elo, a concelleira abordou con responsables da Oficina de Cooperación e Voluntariado do campus de Ferrol diferentes fórmulas para colaborar coa do Concello de Ferrol.

Salir de la versión móvil