O Concello de Ferrol implantará a teleatención para trámites municipais

O goberno socialista xa traballa nun sistema de citas telemático para evitar as colas nas oficinas do concello
2020_04_30AtencionVirtual02

O Concello de Ferrol está analizando distintos modelos de atención ao público de cara ao futuro levantamento do estado de alarma. Entre eles, destaca a posibilidade de implantar un sistema de xestión de citas personalizado, a través do que a cidadanía podería solicitar, de forma telemática, hora para acudir ás oficinas municipais. O obxectivo é, segundo explican desde o goberno local é “evitar as esperas nas dependencias do Concello e a formación de colas de persoas”. Deste xeito, os veciños poderían realizar os seus trámites nunhas condicións de maior seguridade e mantendo máis facilmente as distancias de seguridade.

É unha das direccións nas que está a traballar o equipo de Reina, pero non a única. Outra das posibilidades que o edil está analizando cos técnicos do Centro de Recursos Informáticos é a posta en marcha dun sistema que facilite trámites e prestación de servizos sen acudir fisicamente ás oficinas municipais. A pesar de que algúns asuntos xa se podían xestionar deste xeito, a experiencia das pasadas semanas serviu para detectar e concretar moitas das necesitades que se producen nunha conxuntura coma a actual. Trátase, polo taanto, de modernizar os medios cos que a Administración se relaciona coa cidadanía e impulsar a videoatención.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.