O Concello de Ferrol inicia a selección de 12 bombeiros para o parque comarcal

Os sindicatos CSIF, CC.OO. e UXT mostráronse a favor das bases presentadas pola concellería de Recursos Humanos
bomberosferrol3

A Mesa Xeral de Negociación do Concello de Ferrol aprobou as bases para o proceso selectivo, mediante concurso oposición, de 12 prazas de bombeiro condutor. Na anterior reunión na que se abordou este asunto, o pasado xaneiro, as centrais sindicais solicitaran incluír unha serie de achegas, agora xa contempladas nos documentos definitivos que a concelleira de Recursos Humanos, María Teresa Deus, lles presentou o pasado xoves. Deste xeito, os representantes dos tres sindicatos que acudiron á xuntanza, CSIF, CC.OO. e UXT, votaron a favor das bases.

A convocatoria destas prazas corresponde á oferta pública de emprego do 2019. Segundo a edila «dar saída a estas convocatorias é crucial para avanzar na solución ao déficit de persoal do Concello e para o bo funcionamento da Administración local ferrolá, tras anos nos que non foi posible.»

As bases que se acaban de aprobar, e que próximamente se publicarán no Boletín Oficial da Provincia, contemplan a provisión de dúas prazas de bombeiro condutor por proceso ordinario e outras dez dentro da taxa adicional para estabilización de emprego temporal.  Todas pertencen ao grupo C, subgrupo C2.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.