O Concello de Ferrol inicia o proceso de contratación de 45 socorristas para a tempada de verán

Os vixilantes incorporaranse desde o 20 de xuño ata o 27 de setembro
socorrista-giaas

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou hoxe as bases para a contratación en réxime laboral temporal e por procedemento de selección de 45 socorristas para prestar labores de vixilancia e salvamento nas praias do municipio de Ferrol durante a próxima tempada de verán. Deles, un desenvolverá as funcións de coordinador de praias e outros sete as de coordinador de caseta.

Os contratos, a xornada completa de 40 horas semanais, formalizaranse para unha duración determinada, do 20 de xuño ao 27 de setembro para os socorristas e coordinadores de caseta e do 15 de xuño ata o 27 de setembro para o coordinador de praias. Aos 45 socorristas contemplados nesta convocatoria sumaranse proximamente máis efectivos a través da subvención que concede a Xunta anualmente.

As solicitudes poden presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Ferrol durante o prazo de cinco días naturais a contar desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria e das bases no BOP. Tamén se publicarán na páxina web municipal. Tamén poderán comunicalo mediante correo electrónico a [email protected] durante o mesmo prazo que o de presentación de instancias. Se se presentan a través das oficinas de correos, deberá aparecer o selo na propia solicitude. A data de anotación no Rexistro xeral será a que se teña en conta a tódolos efectos.

Requisitos dos solicitantes

Entre os requisitos que deben reunir os solicitantes está o de ter cumpridos dezaseis anos e non exceder a idade máxima de xubilación, dispoñer do título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente e estar inscrito no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia ou ter presentada dita solicitude e que non transcorrera o prazo de 3 meses de que dispón a Academia Galega de Seguridade

Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, publicarase no taboleiro de anuncios do Concello e na páxina municipal a listaxe provisional de aspirantes admitidos e excluídos, outorgando un prazo de 3 días hábiles para enmendar ou subsanar documentación. Coa listaxe definitiva publicarase tamén o lugar, data e hora da valoración da fase de concurso e da celebración do primeiro exercicio da fase da oposición, así como a composición do tribunal cualificador.

 

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.