O Concello de Ferrol pide que as Letras Galegas do 2021 volvan estar dedicadas a Ricardo Carvalho Calero

O alcalde, acompañado por dous representantes de cada grupo municipal, presidiu hoxe na praza de Armas un acto de homenaxe ao escrito ferrolán

O Concello conmemorou onte o Día das Letras cun pequeno acto presidido polo alcalde, Ángel Mato, e ao que asistiron dous representantes de cada grupo municipal, entre eles, os catro voceiros: Julián Reina (PSOE), José Manuel Rey (PP), Jorge Suárez (FeC) e Iván Rivas (BNG). Os outros catro membros da corporación foron o primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Cultura, Antonio Golpe; Martina Aneiros, edil do PP; Jesús Basterrechea, de FeC, e María do Mar López, do BNG. Tamén estivo presente unha sobriña de Carvalho Calero, Montserrat Blanco Carballo.

A homenaxe consistiu no despregamento dunha gran imaxe de Ricardo Carvalho Calero na fachada do pazo municipal e nunha pequena intervención do rexedor, que confirmou que o Concello se une á petición para que o próximo ano as Letras Galegas volvan estar dedicadas “ao noso máis grande lingüista”, tal e como coincidiron os portavoces municipais na Xunta de Voceiros celebrada esta semana.

O acto, que presenciaron dende a distancia moitas das persoas que nese momento se atopaban na praza de Armas, rematou coa interpretación do himno galego por parte dun cuarteto do Real Coro Toxos e Froles.

Salir de la versión móvil