O Concello de Ferrol programa 24 espectáculos «de calidade» ata final de ano

Teatro, comedia, música, danza, contacontos, maxia e espectáculos infantís engloban as citas dos próximos meses, que contarán con nomes como o Salvador Sobral, Enrique San Francisco, Rodrigo Cuevas, Macbeth e Marián Bañobre
salvador

O concelleiro de Cultura de Ferrol, Antonio Golpe, presentou esta mañá no teatro Jofre a programación cultural que o Concello deseñou para os próximos meses ata final de ano. Trátase dunha axenda “de calidade” que inclúe 24 espectáculos ata final de ano, entre eles tres premios Max, un Premio Nacional de Teatro e varias recomendacións da Red Española de Teatros, puntualizou o concelleiro. A programación cultural comeza o próximo venres, 18 de setembro, no teatro Jofre con Curva España a cargo da compañía Chévere, Premio Nacional de Teatro. As entradas para ver esta cita co teatro documental, que trata sobre un cremen aparentemente sen resolver, estarán a la venta esta mesma tarde.

O día 26, tamén no Jofre, terá lugar Leira, de Nova Galega Danza, unha das compañías galegas de danza con maior proxección nacional e internacional. Trátase dun espectáculo de danza e música que mostra o sacrificio das labores no campo.

Unha recomendación da Red Española de Teatros, Auditorios, Festivais e Espazos de titularidade pública abre a programación do mes de outubro, con Tour Vacanal 2020, de De Vacas, o día 3. Un concerto con humor que combina música, ironía, frescura, talento e creatividade.

A Orquesta Sinfónica de Galicia, “como non podía ser doutro modo”, dixo Golpe, tamén forma parte do programa cultural programado polo Concello e actuará o día 8 de outubro no Auditorio. Neste punto, Golpe sinalou que a orquestra reduce o número de músicos co fin de adaptar o concerto ao espazo dispoñible e as recomendacións sanitarias.

O día 10, no Jofre, será a quenda da comedia musical The Primitals, de Yllana, compañía galardoada co premio Max e recomendada tamén pola Red Española de Teatros. Trátase dunha comedia musical a capela para toda a familia premiada en numerosas ocasións.

O día 11 chegará ao Jofre Óscar, el niño dormido, da compañía El Espejo Negro, premiada tamén co premio Max e recomendada tamén pola Red Española de Teatros. Golpe incidiu en que se trata dun espectáculo familiar que “toca o alma”, posto que aborda con “especial sensibilidade” a realidade que envolve a un pequeno que tras un golpe quedou en estado de coma. Tamén no Jofre terá lugar o día 16 o concerto folk de Sheila Patricia, un talento cun estilo orixinal e fresco como sinais de identidade da brillante compositora. O 18 de outubro a recoñecida compañía Kulunka Teatro, galardoada co premio Max regresa a Ferrol con Quitamiedos, un belo encontro entre o falecido e o seu anxo da garda que chega da man dos creadores da obra Solitudes, o teatro xestual que abriu a tempada de teatro 2020 en Ferrol e que tan boa aceptación tivo.

Outro dos pratos fortes da programación presentada esta mañá polo concelleiro de Cultura é a actuación por primeira vez en Ferrol de Salvador Sobral, con Alma Nuestra, tras presentar o seu último disco o pasado mes de xuño. Trátase dunha voz de sobra aclamada pola crítica e o público que combina con estilo propio o jazz e a música cubana. As entradas poden adquirirse desde as 10 horas de mañá mércores.

O mes de novembro abrirá coa celebración de Atlántica, o Festival Internacional de Narración Oral, na capela do Torrente Ballester os días 5, 6 e 7. Unha cita que reúne artistas e internacionais ao redor da excelencia para contar historias. O día 8 chegará ao Jofre un recoñecido humorista, actor, cómico e monologuista: Enrique San Francisco xunto con Miki Dkai coa comedia Pesadilla en la comedia, de Planeta Fama. Interactuarán co relato dunha divertida historia que intercalarán con monólogos. O día 13 actuará no Auditorio a Real Filharmonía de Galicia coa súa tradicional sensibilidade cos autores noveles.

A programación continúa o día 14 cunha nova recomendación da Red Española de Teatros da man do artista do momento Rodrigo Cuevas, que trasladará ao espectador da tradición á vangarda nunha mestura de música e espectáculo. O axitador folclórico, que gusta a todos os públicos, sorprenderá no Jofre co Trópico de Covadonga. O día 21, unha nova sesión de teatro documental, neste caso tamén recomendada pola Red. Celebraré mi muerte, da compañía Teatro del Barrio, é unha “interesante” produción de Jordi Évole e Antonio San Juan baseada en feitos reais na que o médico “narra a súa propia vida en relación coa eutanasia”, adiantou Golpe.

Os pequenos poderán gozar o día 22 de novembro de Mai Mai, de Baobab Teatro, unha compañía galega de gran prestixio dedicada ao público infantil. A obra narra a historia do último oso panda do planeta que busca “facer máis alegre o día a día dos nosos pequenos despois duns meses moi duros”, incidiu o concelleiro de Cultura.

O día 27 Jordi Bertrán traerá á capela do Torrente Ballester o espectáculo Poemas Visuales, inspirado na maxia dos textos do poeta catalán Joan. Unha obra de monicreques para adultos que leva en carteleira 20 anos e que acumula máis dunha ducia de premios. Para rematar o mes de novembro, o día 28 o Auditorio acollerá o musical We Love Queen, de novo a cargo da compañía Yllana, que renderá homenaxe ao músico internacional.

A programación cultural de decembro comezará o día 4 co estreo de Puta Realidade, da compañía naronesa Bucanero, unha historia de amor de perdedores que xogan a gañar. O día 11 a compañía galega de gran proxección nacional Ibuprofeno Teatro traerá ao Jofre O Furancho, en cuxo reparto estará a ferrolá Marian Bañobre. O día 12 a música dos anos 20 irromperá no Jofre con Nobody Cares, de O Sister!, un grupo de swing que recrea a idade de ouro do jazz vocal, a música popular dos anos 20 e 30. É tamén unha das recomendacións para este ano da Red Española de Teatros.

De novo unha divertida e entretida cita para os pequenos, o día 13 de decembro, con Cartoóns, de Producciones Excéntricas. O día 18 a Real Filharmonía de Galicia regresará a Ferrol e o 19 o Jofre acollerá Macbeth, o ruido e a furia, de Studo Momento. Esta peza clásica subirá ao escenario ao recoñecido actor galego Luis Iglesia.

A axenda cultural para este ano deseñada pola concellería que dirixe Golpe remata o día 20 no teatro Jofre con Concerto con fusión, de Píscore, para gozar en familia.

Aforo “moi controlado”

O concelleiro de Cultura puntualizou na presentación da programación que o Concello de Ferrol fai con esta axenda “unha aposta decidida pola cultura”. A cultura, insistiu, “é segura”, e “queremos xerar confianza entre a poboación para que entre todos poñamos en marcha un sector que leva meses atravesando unha difícil situación e ao que non queremos abandonar”. Nesta cidade, dixo, “nos gusta a cultura, hai talento, e entre todos vaimos a celebrar espectáculos seguros”.

Golpe trasladou que a pesar de que actualmente a lei permite ata o 75 % do aforo dos teatros, desde o Concello de Ferrol “vaimos a seguir unha política aínda máis conservadora”.

Explicou que para os espectáculos xestionados a través de Ataquilla —Pesadilla en la comedia, We Love Queen, Salvador Sobral, a Orquesta Sinfónica de Galicia e a Real Filharmonía de Galicia— non se alcanzará o 75 % permitido. “Queremos ser moi coidadoso con este asunto e extremar as precaucións para xerar confianza”. En concreto, das 552 prazas do teatro Jofre ocuparanse só 303 e das 880 do Auditorio, repartiranse só 414.

Para o resto de espectáculos, e mentres a evolución da pandemia así o estime, “traballaremos coa figura do aforado intelixente”. Golpe explicou que consiste en que unha vez se faga o pago das butacas reservadas, o sistema electrónico bloquea de forma automática os asentos lindeiros co fin de garantir as distancias de seguridade. Os cidadáns “deben saber que desde o Concello de Ferrol impos poñer todos os nosos medios para demostrar que a cultura nesta cidade é segura”.

Nova páxina web con toda a axenda cultural

Ademais de facer un percorrido por cada un dos espectáculos programados ata final de ano, o concelleiro de Cultura anunciou esta mañá a posta en marcha hoxe mesmo da nova páxina web municipal Axenda Cultural Ferrol, onde os cidadáns poderán mergullar dunha forma “sinxela e atractiva” por as citas para os próximos meses, explicou Golpe

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.