O Concello de Ferrol propón actividades culturais e deportivas diarias dende a súa web

A nova plataforma irá actualizando contidos destinados a ocupar o tempo de ocio durante o confinamento
woman-exercising-at-home-royalty-free-image-1574349715-1-1024x665

O Concello de Ferrol, a través da concellería de Educación, Cultura e Deportes vén de habilitar unha sección na páxina web municipal que desde hoxe mesmo, e con unha periodicidade diaria de luns a venres, publicará unha suxerencia cultural e outra deportiva para desenvolver no fogar con motivo do confinamento decretado polo Goberno central tras o anuncio o pasado 14 de marzo do estado de alarma.

A estas dous propostas, que se actualizarán cada 24 horas, sumarase nos próximas días un terceiro plan que recollerá diversas actividades infantís adaptadas á situación actual de confinamento e orientadas a ocupar o tempo de ocio dos máis pequenos. Esta proposta tamén cambiará cada día.

A forma de acceder a ditos contidos é sinxelo. Na sección de Destacados, na parte baixa da páxina principal da web municipal ferrol.gal, xa está habilitado un acceso a “Actividades en casa”. Unha vez aí, o cidadán terá tres posibilidades: Deporte, Cultura e Educación.

O proxecto impulsado polo Concello de Ferrol inclúe en primeiro lugar unha sesión de actividade física para desenvolver no fogar e dirixida a todos os públicos. Cunha duración de aproximadamente 40 minutos, os monitores ofrecen unha clase a través do canal de Youtube e cada día centrada principalmente nunha parte do corpo. A de hoxe traballa o abdome e a de mañá venres será de cardio. Publicaranse sesións diferentes para cada día da semana de luns a venres.

Día Mundial do Teatro na web

Na sección de Cultura, o internauta poderá acceder ao listado de propostas fixas anunciado esta mesma semana e que conta con máis de 40 posibilidades relacionadas coas artes escénicas, a literatura, o cine, a música e o arte, e tamén á proposta diaria. Para o día de hoxe, o Concello invita aos ferroláns a visitar museos online a través das explicacións de Amit Sood, director do Instituto Cultural y Proyecto Artístico de Google, unha plataforma on line para explorar as maiores coleccións de arte.

Mañá, Día Mundial do Teatro, o Concello sumarase a esta celebración cunha recomendación relacionada coas artes escénicas. O concelleiro de Educación, Cultura e Deportes explica que desde o goberno local se está a realizar un “importante esforzo” para desenvolver este “ambicioso” proxecto co obxectivo de seguir satisfacendo as “inquietudes da cidadanía a través doutros medios, neste caso mediante a vía telemática”. Estamos, dixo, “adaptándonos a esta situación temporal”.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.