A cidade de Ferrol vén de ser incluída na campaña Agresión Off: Eu digo non á violencia sexual 2020 despois de que o Concello presentara a súa solicitude á Secretaría Xeral de Igualdade.
A concelleira de Igualdade e Muller, Cristina Prados, explicou que consistirá na instalación na cidade dun stand informativo no que se ofrecerá obradoiros divulgativos e información co fin de «concienciar á poboación dun problema de grandes dimensións».
A edil manifestou a súa satisfacción «pola participación da nosa cidade nunha campaña que trata de sensibilizar á sociedade ao tempo que acompañar e asesorar». Neste senso, insistiu Prados, «o Concello de Ferrol mostra o seu total apoio ás vítimas de violencia».