O Concello de Ferrol ultima un estudo sobre o transporte adaptado na comarca

Investigadores da Universidade da Coruña son os encargados facer un diagnóstico da actual situación e plantexar unha folla de ruta que se poida implementar en toda a Mancomunidade
15362415790468

A concellería de Benestar Social de Ferrol celebrou onte unha nova reunión do Grupo de Traballo de Dependencia e Diversidade Funcional de Ferrol, un organismo creado a finais do pasado ano co fin de deseñar estratexias de traballo entre as entidades sociais participantes, optimizar recursos e definir problemáticas para articular as medidas oportunas.

Ao encontro de onte acudiron, ademais de representantes das asociacións que integran o grupo de traballo, o xerente da Mancomunidade de Concellos da Comarca, Luis Alcalá, e o investigador da Universidade da Coruña (UDC) que está levando a cabo o estudio preliminar estratéxico sobre a situación do transporte adaptado na comarca —o que corresponde ao servizo 065 e furgonetas adaptadas—, un documento que servirá para que o Concello de Ferrol e o resto de administracións locais da Mancomunidade dispoñan dun punto de partida a partir do cal poidan implantar medidas e accións orientadas a mellorar o transporte adaptado.

Neste senso, explicou a edil Eva Martínez, o investigador aproveitou a reunión de onte para solicitar máis información aos representantes das entidades sobre os medios e recursos dos que dipoñen para transportar aos seus usuarios e completar así o seu diagnóstico da situación actual.

Grupo de Traballo de Dependencia e Diversidade Funcional de Ferrol

Dito estudio é froito dun proxecto posto en marcha polo Concello de Ferrol e a Mancomunidade que ten a finalidade de mellorar e optimizar o transporte adaptado, tal e como dixo a concelleira. O goberno local “ten entre os seus obxectivos mellorar o día a día de todos os nosos veciños, e reforzar o actual transporte adaptado é un medio máis para conseguilo”. A concelleira socialista explicou que as conclusións do estudio se presentarán no prazo dun mes.

Celebración do Día Nacional das Persoas con Discapacidade

Na reunión de onte tamén se abordou a celebración do Día Nacional das Persoas con Discapacidade, que terá lugar o próximo 3 de decembro. Martínez Montero explicou que na próxima reunión do Grupo de Traballo de Dependencia e Diversidade  Funcional, prevista para finais de outubro, analizaranse as actividades expostas polas diferentes entidades para dita celebración.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.