O Concello de Ferrol reactiva as obras na envolvente dos edificios de Recimil

Os traballos no interior dos edificios ou que supoñan algún risco de contacto cos veciños seguen momentaneamente suspendidos, pero seguirán os de reposición do pavimento exterior e de retirada de andamios
Edificios en el barrio ferrolano de Recimil
Edificios en el barrio ferrolano de Recimil

O Concello de Ferrol autorizou onte a continuación das obras que se están a desenvolver nos edificios 16 da rúa Narón e 1-4 da rúa 10 de Marzal, no barrio de Recimil. Estes traballos permaneceron parados durante a semana pasada, xa que se desenvolven en inmobles habitados, cos posibles riscos que iso podería implicar na actual situación de epidemia. Por ese motivo, a concellería de Urbanismo solicitoulle á dirección de obra un informe sobre as condicións necesarias para que a empresa adxudicataria seguise coas labores de rehabilitación das fachadas e cubertas.

Á vista das conclusións deste documento, é posible levar a cabo algunhas das actuacións pendentes, coma a reposición do pavimento exterior da canalización eléctrica. Tamén a retirada de andamios, coa adopción de medidas adicionais, xa que se considera que xeraría máis riscos o mantemento destes elementos que desmontalos. Por outra parte, minimizarase a concorrencia de quendas de operarios.

Os traballos que sí se suspenden son os que se realizan dentro dos edificios ou nas zonas comúns, como execución de diversas instalacións interiores ou a colocación de fiestras, para evitar contactos dos traballadores cos residentes.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.