Os bombeiros de Ferrol intensifican as labores de desinfección nos centros de saúde

Medio centenar de profesionais combaten a diario a propagación do Covid-19 nos puntos quentes do municipio

O Concello de Ferrol, a través da concellería de Seguridade sumou ao corpo municipal de bombeiros na loita contra a propagación do Covid-19 para desenvolver tarefas de desinfección en profundidade con hipoclorito sódico —solución que combinada con auga resulta lixivia— dos exteriores de hospitais, ambulatorios, mercados, albergues e residencias de maiores, entre outros. Faino en coordinación cos servizos de limpeza do Concello que hixienizan o resto de establecementos que por prestar atencións esenciais permanecen abertos, como é o caso de supermercados, farmacias, panaderías e quioscos, entre outros.

Medio centenar de efectivos de entre 30 e 60 anos de idade integran o corpo de bombeiros de Ferrol, que a inicio do estado de alarma habilitou un novo espazo provisional na escola náutico pesqueira para separar aos profesionais que integran a garda co fin de evitar posibles contaxios. Os bombeiros de Ferrol contan con dous vehículos autobomba, outro forestal, un de mando, dous autoescaleiras, un coche de rescate en altura e unha furgoneta multiusos.

Nas últimas semanas o corpo sumou ás súas labores habituais as de desinfección de luns a domingo e tamén o traslado diario dos menús que prepara a Cociña Económica para os seus usuarios á praza de España. Unha vez alí, Protección Civil encárgase de repartilos seguindo un estrito protocolo de actuación deseñado polo departamento municipal de Seguridade.

Salir de la versión móvil