O deputado de Vox Ivan Espinosa de los Monteros visitará Ferrol o próximo domingo

O cabeza de lista da formación verde por A Coruña, o ferrolán Ricardo Morado, podería representar ao partido de Abascal no debate electoral da TVG
OUEWOO5EEBFIHFIBSFW6K7BV2E

Todas as enquisas coinciden en que o papel de Vox nas eleccións galegas do próximo 12 de xullo será residual e que, moi probablemente, non obteña representación no parlamento autonómico, ao igual que Ciudadanos. Aínda así, o partido de Abascal non deixará pasar a oportunidade de facer campaña electoral – que comeza esta misma medianote- en varios puntos de xeografía galega.

O encargado de trae o mensaxe da formación verde á comarca será o portavoz do Grupo Parlamentario de Vox no Congreso de los Diputados, Iván Espinosa de los Monteros. A cita de Ferrol será o próximo domingo día 28 ás 13.00, cun acto aberto ao público na praza de Ultramar.

O deputado nacional tamén estará en Lugo o venres 26 e en A Coruña o sábado 27. Espinosa de los Monteros estará acompañado neste mitin de Ferrol por Juan Garcilaso de la Vega, vicepresidente da xestora provincial de VOX na Coruña e polo cabeza de lista da formación verde por A Coruña para as eleccións do 12-X o ferrolán Ricardo Morado.

Debate na televisión pública

Morado foi elexido in extremis como cabeza de lista por A Coruña, onde Vox ten máis papeletas de obter algún escano. Sen bagaxe política e recentemente afiliado ao partido de Abascal, traballa actualmente nun dos supermercados Lidl de Ferrolterra e será o representante de Vox no debate electoral que emitirá o próximo luns a Televisión de Galicia. De feito Ricardo Morado viaxará a Madrid a próxima fin de semana para preparar xunto cos asesores de comunicación do partido a súa participación neste debate.

 

O ferrolán Ricardo Moreno, nun mitín en A Coruña.
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.