O festival de comparsas e a filloada popular dan a benvida ó Entroido de Ferrol

Máis de 600 persoas participarán no desfile que traerá á cidade agrupacións de tódala comarca
entroidoferrol

Ferrol celebrará hoxe o día grande do Entroido co xa tradicional desfile e festival de comparsas, pero durante toda a semana haberá actividades para nenos e adultos.

A festa arrinca este mediodía na Praza de Amboaxe cunha filloada popular ata as dúas e media da tarde, onde se esperan repartir máis de 1.200 freixós por hora. Xa as 18.00 horas comezará o desfile de comparsas que sairá desde a praza de España e percorrerá todo o centro histórico da cidade cantando e bailando os seus repertorios burlescos ata a praza de Amboage, onde terá lugar a gala a partir das 19.30 horas.

En total serán 641 os membros dos grupos de virán de tódala comarca para formar parte desta troula. De Ferrol participarán os de a Asociación Sociocultural ASCM, co nome de «Os Colludos»; a de Fanpa Ferrolterra Concepción Arenal, «As Máis Mellores»; a de OJE Ferrol, «Extrojerrestres»; a do Colectivo Sociocultural A Revolta, «Sétimo Continente»; a da ANPA Belén, «A Monstruosa ANPA Belén» e a da ANPA do CEIP de Pazos, «Entroideiros de Pazos».

Do veciño concello de Narón virán «Semente de Trasancos», «A Tribu das Xoaniñas», «Os Parrandolos», «Tróupele Tróupele», «Os Argalleiros Trotamundos», e «Cingaranza». De Fene participarán «Fantasía Punky Paso a Paso», «Os Trastos» e de Neda, «Urxencias da Canteira».

Este ano as agrupacións participantes optarán a premios en metálico. O primeiro será de 630 euros; 620 para o segundo e 610 para o terceiro posto. Tras o concurso, a esmorga prolóngase durante a noite, en diversos lugares da cidade, tanto no centro histórico, como nos arredores.

Martes 25

O martes continuarán as actividades. Ás 17.30 horas haberá unha festa Infantil que este ano contará cun espectáculo musical, taller de máscaras tradicionais galegas ou pintacaras e tatuaxes con purpurina. Ademais, repartiranse 300 racións de flocos de millo e haberá unha máquina de algodón de azucre.

Venres 28

Despídese o Entroido 2020 con “O enterro da Sardiña”, que se celebra na rúa Nova de Caranza, no barrio de Ultramar. A xornada comezará partir das 17.30 horas coaa festa infantil na praza de Ultramar.
Contra as 20.15 horas sairá o pasarúas desde  Sánchez Calviño, onde as comparsas, e a xente disfrazada farán un desfile acompañando o ataúde da sardiña e ás 21.00 horas terá lugar a gala.

Serán ás 23.00 horas  cando finalmente na praza do barrio terá lugar a «queima dá sardiña». Un dos momentos máis máxicos e divertidos do Entroido ferrolán.

Relacionado:

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.