O festival Jazz ao Norte, organizado polo Concello de Ferrol, regresa este verán á urbe naval do 13 ao 15 de xullo, tal como anunciou o rexido r durante a presentación da cidade na Feira Internacional de Turismo
Nos próximos meses desvelaranse os artistas que actuarán este ano no festival, polo que xa pasaron persoas de renome no mundo do jazz, o soul e a bossa nova como Luísa Sobral, José James Andrea Motis Hannah Williams, Chano Domínguez ou Nouvelle Vague.
Tres días nos que o público tamén poderá disfrutar de enclaves singulares da cidade, como o castelo de San Felipe ou o cuartel de Dolores, o acceso a este último grazas a colaboración da Armada, son algúns dos escenarios que foron protagonistas en edicións anteriores. O obxectivo de Jazz ao Norte que celebrará a súa tercera edición, é unir música e patrimonio para poñelo en valor ademais de convertir á cidade na capital atlántica do jazz durante esa fin de semana.