O goberno de Ferrol avanza na tramitación das axudas para a rehabilitación de vivendas nos cascos vellos da cidade

A proposta enviada ao Insituto Galego de Vivenda inclúe 124 intervencións en vivendas na Magdalena, Ferrol Vello, A Graña e Esteiro
Ferrol Vello
Ferrol Vello

A Xunta de Goberno Local de Ferrol aprobou hoxe a proposta provisional de intervencións de rehabilitación subvencionadas correspondentes á anualidade 2018 do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021. Agora o Instituto Galego da Vivenda e Solo deberá aproba o documento provisionalmente antes de que a Administración local abra un período para a xustificación da subvención e, finalmente, se poida realizar a proposta de aprobación definitiva e se aboen as axudas. Trátase dun avance importante de para que as persoas que apostaron pola rehabilitación poidan percibir as subvencións ás que optaron.

A proposta aprobada esta mañá inclúe 124 intervencións en vivendas no ámbito de actuación da Magdalena e Ferrol Vello, que acada xa a súa décimoterceira fase. Para A Graña (novena fase) contémplanse 6, mentres que para Esteiro Vello (terceira fase) constan 10. Para o primeiro destes ámbitos, a subvención prevista por parte do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana é de 816.387 euros, e por parte da Xunta de Galicia, de 98.910,86. Nas outras dúas, a distribución de ambas Administracións é de 51.295 e 14.974 euros e de 12.475 e 4.885 euros, respectivamente. Trátase de importes con cargo ao Plan Estatal de Vivenda, en base ao convenio asinado polo ministerio e o IGVS, dentro do que o Concello ten a función de órgano de xestión e tramitación.

Material para a cuadrilla de Obras

Da reunión da Xunta de Goberno Local celebrada esta mañá, aprobouse tamén o expediente de contratación de subministro de materiais, ferramentas e pequenas máquinas para reparacións, conservación e mantemento de edificios, co fin de dotar á cuadrilla de Obras. Este contrato conta cun orzamento de 121.000 euros anuais, cunha duración prevista dun ano, prorrogable por outro máis.

 

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.