O Goberno de Ferrol leva a pleno un plan de rozas para 560 quilómetros de camiños e estradas

O calendario foi acordado entre o Concello e os representantes das entidades integradas na Agrupación de Asociacións de Veciños da Zona Rural
Tareas de roza no rural de Ferrol
Tareas de roza no rural de Ferrol

O goberno local de Ferrol levará a pleno unha proposta para executar un programa de rozas en estradas e camiños municipais ao longo deste ano, un plan acordado entre o Concello e os representantes das entidades integradas na Agrupación de Asociacións de Veciños da Zona Rural, que expuxeron as necesidades de cada parroquia e mostraron o seu apoio á fórmula adoitada. A concelleira de Obras, Servizos e Medio Ambiente, Ana Lamas, trasladou esta mañá aos grupos municipais durante a comisión de área os detalles desta intervención, que foi ditaminada a favor cos votos do grupo municipal socialista e a abstención do resto.

O plan afectaría a un total de 560 quilómetros en camiños e estradas do Concello. A intención é que durante o ano se realicen dúas pasadas en todos os tramos nos que sexa necesario, e incluso máis en condicións puntuais, sempre en vías circunscritas ao ámbito xeográfico do rural ferrolán. Ademais, incluiríase a limpeza de, cando menos, 70 quilómetros de gabias, e contémplase unha partida específica para a eliminación de especies invasoras.
O plan tamén recolle a eliminación dos restos das rozas segundo as necesidades que existan en cada punto, co fin de evitar posibles atascos en cunetas, canles e tubaxes. Para o desenvolvemento dos traballos está previsto o emprego de tractores con rozadoras de brazo articulado, ou arrastrada en zonas de alta densidade de vexetación, como tamén cuadrillas de operarios para as operacións manuais, cunha de apoio a maiores co fin de atender necesidades puntuais.
A previsión é que este programa de rozas se desenvolva mediante un convenio coa Deputación da Coruña, a través do cal a empresa pública Tragsa, de cuxo accionariado forma parte o organismo provincial, asumiría os traballos como medio propio instrumental. A concelleira de Zona Rural apuntou que agradece aos representantes veciñais o apoio unánime que mostraron aos termos deste proxecto e lembrou que a previsión é ter a disposición o novo servizo de cara á primavera.
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.