O mercado de produtos agrícolas volve a Recimil o próximo luns

Os postos deberán dispoñerse cunha distancia de máis de seis metros entre eles
simonbolivar-kFiE-U110326698738rS-1248x770@El Correo

O Concello de Ferrol, a través da concellería de Mercados vén de acordar que a venta ambulante de productos agrícolas de tempada volva ao mercado municipal de Recimil a partir do próximo luns, 8 de xuño, coincidindo co inicio da fase 3 da desescalada. Deste modo levantarase a suspensión que actualmente pesa sobre este tipo de autorizacións con motivo do decreto de estado de alarma.

Os vendedores deberán respectar os 6 metros de distancia entre os postos, podendo reducirse a 4 entre laterais, e garantir que se poidan manter os dous metros de seguridade entre clientes e entre estes e os vendedores. Ademais, desde a concellería apúntase que os responsables dos postos deberán ser especialmente escrupulosos coa limpeza dos mesmos e non deberán acumular os refugallos nas inmediacións, debendo depositalos, tan pronto como se produzan, nos depósitos do lixo.

Pola súa parte, os compradores non poderán manipular os productos á venda. Tanto a Policía Local como o departamento de Seguridade supervisarán o cumprimento destas medidas, así como a correcta distribución dos postos.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.