O mítico inmoble do cine Avenida volve a estar á venda, esta vez da man da inmobiliaria ferrolá AM Inmobiliaria. O arquitecto Nemesio López Rodríguez deseñou o cinema Avenida en 1944. O proxecto foi modificado por Vicente García Lastra un ano máis tarde e finalmente, en 1946, abriu as súas portas ao público. Desde entón, este pequeno teatro acolleu moreas de obras e films ata o 29 de xuño do 2001, cando pechou as súas portas definitivamente.
Foron moitos os proxectos que se interesaron por darlle un novo uso a este local da rúa Dolores -tamén con saída a rúa María- de 883 metros cuadrados construidos e tres plantas, pero ningún chegou a materializarse. O grupo empresarial Jofer foi un dos primeiros en interesarse por reconvertilo nun pequeno centro comercial e tamén especulouse con que o propio Corte Inglés estaba interesado en adquirilo para anexionalo a Supercor.
Unha sala de concertos, un local polivalente ou mesmo recuperalo como cine ou teatro foron outras das propostas que se puxeron enriba da mesa. Pero 19 anos despois, as 700 butacas seguen baleiras e o edificio, en pleno centro de Ferrol, en desuso. No ano 2018 a empresa madrileña Arquimentos tratou de xestionar a súa venda por un millón de euros, pero ningún dos inversores interesados aceptou finalmente a oferta. Agora, a Inmobiliaria AM retoma esta misión de vender o histórico local por case a metade do precio de partida de fai dous anos, 550.000 euros.
Pablo López, xerente da empresa, explica que «segue sendo un local con moitas posibilidades» e aínda que 19 anos de abandono pasan factura asegura que tanto o interior como o exterior do local «están en bastante bó estado». Cree que pode ser unha boa oportunidade para atraer a novos inversores á cidade e darlle máis vida ao barrio da Magdalena. «Se lle podería case calquera uso, únicamente habería que respetar algúns elementos arquitectónicos, xa que se trata dun inmoble protexido, pero as posibilidades son infinitas».

