O Museo da Construción Naval reabrirá ao público o 19 de maio

A instalación dotouse dun lector de temperatura corporal e habilitou unha zona de desinfección de calzado entre outras medidas de seguridade

O Museo da Construción Naval ha fixado a reapertura do edificio de Herrerías para o martes 19 de maio no horario habitual de visita: de martes a domingo, de 10.00 a 20.00 horas ininterrompidamente. A Fundación Exponav adoptou todas as medidas de seguridade necesarias tanto para
as persoas que acudan ao museo como para o propio persoal.

As instalacións equiparanse cun lector de temperatura corporal a distancia e tamén haberá unha zona de desinfección para o calzado e dispensadores de hidrogel para a limpeza de mans. Ademais, tentarase proporcionar unha máscara a cada visitante, aínda que neste caso depende das posibilidades de subministración. Os traballadores contarán coas súas medidas de protección individual e colocarase unha barreira para marcar a distancia de seguridade co mostrador de entrada.

As visitas realizaranse respectando a limitación do aforo ao 30%, de maneira que en cada unha das dúas plantas do museo poderán estar simultaneamente 80 persoas, 160 en total. Polo momento non se permitirán reservas para grupos, á espera do que se resolva nas fases de desescalada.

O Museo da Construción Naval realizou algúns cambios na zona expositiva apenas unhas semanas antes de que a pandemia da Covid-19 obrigase a pechar as portas. Entre outros, recolocáronse as diferentes embarcacións de madeira e os autómatas que permiten ao público coñecer o funcionamento dos barcos interactuando con estes artefactos. Tamén se colocou na exposición unha áncora que ata o de agora estaba no almacén e realizouse un tratamento de limpeza e restauración dos leóns que presiden a entrada ao museo e que son dúas figuras do século XVIII que proceden das denominadas “Bancadas do Apostolado” do vello estaleiro de Esteiro.

Todas estas novidades son as que poderán atopar os visitantes, que así mesmo terán a oportunidade de coñecer unha completa exposición sobre un dos principais fitos de construción dos barcos, a botadura, que se abriu ao público unha semana antes do peche. A mostra “A botadura. O nacemento dun buque” é un compendio de 17 paneis explicativos que recollen o proceso da botadura e a súa evolución histórica e que se completan cunha serie de obxectos que protagonizan estas cerimonias.

Entre eles destaca o machada empregada na segunda botadura dun acoirazado realizada en Ferrol, a do “Alfonso XIII”, que foi tallada en ouro e prata polo prestixioso escultor Mariano Benlliure. Tamén se mostran o mazo e a trencha que se utilizan hoxe en día en Navantia, xunto con material relacionado coa botadura do “Arteaga”, que constituíu todo un fito porque foi no seu momento o maior buque botado en bancada inclinota de prensa nada.

A exposición está organizada polo propio museo e conta tamén con material cedido por Navantia e pola biblioteca do Arsenal. Na mesma explícanse de forma alcanzable a tecnoloxía, a cerimonia -a madriña, a tribuna, a botella que rompe contra o casco do barco,…- e a repercusión que estes actos teñen nunha cidade como Ferrol.

Salir de la versión móvil