O Parlamento de Galicia traslada a Ferrol a exposición conmemorativa do 40 aniversario da institución

A inauguración terá lugar mañá xoves na sede Afundación Ferrol, onde poderá visitarse ata o 26 de novembro
Entre outros materiais, a mostra inclúe a Proposta de Consello de Galiza, documento manuscrito de Castelao datado arredor de 1943
Entre outros materiais, a mostra inclúe a Proposta de Consello de Galiza, documento manuscrito de Castelao datado arredor de 1943
PUBLICIDAD

O poder da palabra. 40 anos do Parlamento de Galicia.1981-2021 é o título da exposición que se inaugurará mañá xoves en Ferrol para repasar os feitos máis salientables das catro décadas de vida do Lexislativo galego, desde a súa constitución, o 19 de decembro de 1981 no Pazo de Xelmírez, ata a actualidade.

A mostra permaneceu aberta ao público na sede do Lexislativo autonómico entre o 15 de decembro e o 15 de marzo, iniciando despois un percorrido polas cidades galegas. Foi comisariada por Ramón Villares Paz, catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela. O comisario contou coa colaboración de Miguel Anxo Seixas Seoane e Gustavo Hervella García, integrantes do Grupo HISTAGRA (Historia Agraria e Política do Mundo Rural, séculos XIX e XX); mentres que o deseño gráfico correu a cargo de Xosé Díaz Arias.

Materiais

A exposición está integrada por 24 paneis, un vídeo divulgativo e 17 vitrinas con documentación histórica e bibliografía relacionada co proceso de configuración da autonomía de Galicia. Entre outros documentos, na exposición é posible contemplar a Proposta de Consello de Galiza de Castelao, datada arredor de 1943 e cedida pola Biblioteca da Fundación Penzol, ou o mapa Gallaecia Regnum, datado en torno ao 1635 e cedido polo Museo do Pobo Galego.

A mostra tamén incorpora obras como O Estatuto de Galiza. Antecedentes e comentarios, editada en 1948 pola colectividade galega en Arxentina e cedida polo historiador Miguel Anxo Seixas Seoane. En Ferrol, a exposición estará aberta ao público desde o 20 de outubro ata o 26 de novembro da sede Afundación (Praza da Constitución), onde poderá visitarse de luns a venres (excepto festivos) de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00. Os sábados estará aberta de 11:00  a 14:00 e de 17:00 a 19:00 horas.  A inauguración está prevista para mañá xoves, 20 de outubro ás 19:30.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.