O pleno de Ferrol apoia unánimemente ás reivindicacións do comité de empresa Siemens-Gamesa

A corporación municipal deu o visto bo ao programa de subvencións para a promoción e fomento da cultura dende as asociacións culturais de Ferrol para o presente ano

O Concello de Ferrol aprobou no pleno ordinario de onte a declaración institucional de apoio as reivindicacións do comité de empresa Siemens Gamesa (As Somozas), que saíu adiante coa unanimidade da corporación ao completo tras a intervención dun representante do comité de empresa.

A proposta de aprobación do programa de subvencións para a promoción e fomento da cultura dende as asociacións culturais de Ferrol para o ano 2020, aprobouse cos votos a favor do PSOE, PP e FeC e en contra do BNG.

A continuación comezou a queda das mocións. Primeiro tratouse a moción do grupo municipal do Partido Popular relativa á ubicación da inspección técnica de edificios no antigo hospicio aprobouse cos votos en contra do PSOE. A moción do grupo municipal do BNG relativa á convocatoria do premio Carvalho Calero, aprobouse por unanimidade.

Tamén saíu adiante cos votos a favor de toda a corporación a moción do grupo municipal do Partido Popular relativa á ampliación do local da AAVV San Salvador de Serantes.

A moción do grupo municipal socialista sobre a dotación dunha unidade permanente da policía autonómica de Galicia en Ferrol, aprobouse polo voto de calidade do alcalde de Ferrol, Ángel Mato, tras o empate entre os votos favorables do PSOE, FeC e BNG e cos votos en contra do PP. O Bloque Nacionalista Galego tamén conseguiu o apoio de tódolos partidos na súa moción relativa ao proceso de concesión de bonificacións fiscais.

Salir de la versión móvil