O pleno de Ferrol aproba por unanimidade o plan de axudas a autónomos e pemes

Esta línea de subvencións destinará máis de dos millóns de euros a paliar os efectos da crise do Covid-19 entre os pequenos negocios locais
2020_04_27PlenoExtraordinario05
Publicidad

O pleno do Concello de Ferrol aprobou esta tarde por unanimidade a convocatoria e as súas bases reguladoras para a subvención do Plan de mellora para a Empregabilidade (PAME-Ferrol) a través de medidas de axuda ao impulso económico e protección do emprego. Foi no último punto dunha sesión extraordinaria que, por primeira vez na historia, se celebrou de forma telemática debido á crise epidémica do covid-19. Estas axudas teñen como obxectivo paliar entre os autónomos e as pequenas empresas os efectos económicos da pandemia. O prazo para solicitalas abrirase coa súa publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP), previsto para os próximos días.

As bases que hoxe se aprobaron fixan unha contía de 1.500 euros para persoas físicas e xurídicas con ou sen traballadores ao seu cargo cando a actividade que desenvolven estea afectada polo peche de establecementos disposto no Real Decreto 465/2020 de 17 de marzo. Unha contía de 1.000 euros no caso de que a actividade non estivera recollida nese Real Decreto pero sufriran unha redución de facturación de polo menos o 75%. En ambos casos haberá incrementos de 120 euros por cada persoa traballadora ata os nove empregados; de 100, entre os 10 e os 20 traballadores, e de 70, entre os 21 e 49.

Previamente, tamén co apoio de todos os concelleiros presentes na videoconferencia, aprobouse inicialmente o anexo de subvencións nomintativas de Benestar Social e Igualdade, cun importe para o exercicio económico de 2020 de case 403.000 euros. Respecto da proposta do expediente de modificación de crédito extraordinario para, entre outros conceptos, a amortización de débeda, abonos ao persoal por servizos extraordinarios e á dotación económica do PAME-Ferrol, contou cos votos a favor dos edís de PSOE (6), PP (12) e FeC (3), mentres que os do BNG (2) se abstiveron.

Relacionadas