O Porto de Ferrol avanza cara á intermodalidade de Caneliñas

A entidade portuaria vén de licitar por 5,8 millóns de euros a primera fase da rede ferroviaria interna e das instalacións de intercambio modal
PuertodeFerrolSistemadeamarre

A Autoridade Portuaria de Ferol San Cibrao abriu o procedemento de licitación para os traballos da primeira fase da rede ferroviaria interna e instalacións de intercambio modal no porto exterior de Caneliñas. Os traballos, cun prazo de execución de seis meses, contan cun orzamento basee de licitación de 5.820.941 euros.

A rede interna de ferrocarril desenvolverase en tres fases con obxecto de adaptarse á planificación económica da Autoridade Portuaria, de tal maneira que agora se licita a execución da primeira delas. O proxecto inclúe, por un lado, a construcción dunha rede ferroviaria interna nas instalacións portuarias do Porto Exterior de Ferrol, incluíndo todos os elementos da infraestrutura e superestrutura necesarios para garantir o servizo ás explanadas portuarias. E por outro a construcción e instalación de elementos de intercambio modal, praias de vías e zonas de carga e descarga asociadas. Así mesmo, a conexión exterior da rede interior coordínase co ramal de acceso ferroviario ao porto exterior actualmente en fase de obras.

Á marxe do anterior, o dispoñer de acceso ferroviario aos peiraos preséntase como unha infraestrutura básica para a selección de instalacións portuarias por determinados operadores portuarios, como o tráfico de contedores en réxime de importación e exportación, que se están a definir como clientes obxectivo destas instalacións e que alcanzaron cifras récord no último ano.

Con estes traballos, que permita «garantir a intermodalidad plena das instalacións de Caneliñas, ofertando unha infraestrutura ferroviaria acorde cos niveis de demanda e asegurando a regularidade, frecuencia e nivel prestacional adecuados para o tráfico de mercadorías que desexen utilizar os operadores portuarios, permitindo conectar por ferrocarril estas instalacións co Norte de España e co resto de Europa, coa meseta e centro da península Ibérica e co sur de Galicia e o norte de Portugal», según explican desde o Porto.

Cabe recordar que en xuño de 2017 iniciáronse as obras do proxecto “Acceso Ferroviario ao Porto Exterior”, que unirá os dous portos de Ferrol, interior e exterior, mediante un ramal é de dobre ancho e de 6,4 quilómetros de lonxitude. Contará, ademáis, cun túnel de 5,6 quilómetros cunha galería de evacuación paralela á vía férrea e un viaduto de 300 metros sobre a enseada da Malata. Cun prazo de 46 meses, a previsión é que as obras conclúan no primeiro semestre do ano 2021.

 

 

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.