O Porto de Ferrol avanza cara á intermodalidade de Caneliñas

A entidade portuaria vén de licitar por 5,8 millóns de euros a primera fase da rede ferroviaria interna e das instalacións de intercambio modal

A Autoridade Portuaria de Ferol San Cibrao abriu o procedemento de licitación para os traballos da primeira fase da rede ferroviaria interna e instalacións de intercambio modal no porto exterior de Caneliñas. Os traballos, cun prazo de execución de seis meses, contan cun orzamento basee de licitación de 5.820.941 euros.

A rede interna de ferrocarril desenvolverase en tres fases con obxecto de adaptarse á planificación económica da Autoridade Portuaria, de tal maneira que agora se licita a execución da primeira delas. O proxecto inclúe, por un lado, a construcción dunha rede ferroviaria interna nas instalacións portuarias do Porto Exterior de Ferrol, incluíndo todos os elementos da infraestrutura e superestrutura necesarios para garantir o servizo ás explanadas portuarias. E por outro a construcción e instalación de elementos de intercambio modal, praias de vías e zonas de carga e descarga asociadas. Así mesmo, a conexión exterior da rede interior coordínase co ramal de acceso ferroviario ao porto exterior actualmente en fase de obras.

Á marxe do anterior, o dispoñer de acceso ferroviario aos peiraos preséntase como unha infraestrutura básica para a selección de instalacións portuarias por determinados operadores portuarios, como o tráfico de contedores en réxime de importación e exportación, que se están a definir como clientes obxectivo destas instalacións e que alcanzaron cifras récord no último ano.

Con estes traballos, que permita “garantir a intermodalidad plena das instalacións de Caneliñas, ofertando unha infraestrutura ferroviaria acorde cos niveis de demanda e asegurando a regularidade, frecuencia e nivel prestacional adecuados para o tráfico de mercadorías que desexen utilizar os operadores portuarios, permitindo conectar por ferrocarril estas instalacións co Norte de España e co resto de Europa, coa meseta e centro da península Ibérica e co sur de Galicia e o norte de Portugal”, según explican desde o Porto.

Cabe recordar que en xuño de 2017 iniciáronse as obras do proxecto “Acceso Ferroviario ao Porto Exterior”, que unirá os dous portos de Ferrol, interior e exterior, mediante un ramal é de dobre ancho e de 6,4 quilómetros de lonxitude. Contará, ademáis, cun túnel de 5,6 quilómetros cunha galería de evacuación paralela á vía férrea e un viaduto de 300 metros sobre a enseada da Malata. Cun prazo de 46 meses, a previsión é que as obras conclúan no primeiro semestre do ano 2021.

 

 

 

Salir de la versión móvil