O porto de Ferrol pechou o pasado exercicio económico cun beneficio neto de 3,2 millóns de euros, a metade que en 2018. As contas anuais publicadas polo Boletín Oficial do Estado (BOE) dan conta das consecuencias derivadas do peche da central térmica de Endesa en As Pontes e a paralización da actividade na terminal de carbón de Caneliñas. Cabe destacar que a entidade portuaria viña dun extraordinario quinquenio que a situaba como a máis rendible de Galicia, acadando cifras récord de facturación -25 millóns de euros en total- e de movemento de tráficos. Así, no 2018 alcanzou os 6,3 millóns de euros de beneficios, no 2017 quedouse preto dos 6 millóns e no 2016 superou os 4 millóns e acadou no 2013 a súa mellor cifra de negocio con algo máis de 6,4 millóns.
Pero a nova situación enerxética trastocou o panorama para o porto de Ferrol, especialmente o pasado ano. Según o documento publicado polo BOE, a Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao reduciu os ingresos das súas taxas portuarias de 18,8 millóns a apenas 16 millóns, preto de 3 millóns menos de ingresos que supoñen unha caída da facturación do 16%. En grande medida, a consecuencia desta reducción, que se produce nas taxas de buques e taxas de actividade, ven motivada pola paralización do tráfico de carbón na terminal de Endesa en Caneliñas, que deixou de mover a materia prima en outubro de 2019.
De feito, xa no último trimestre do pasado ano o tráfico portuario caeu preto dun 18% debido principalmente ao proceso de transición enerxética que se ven arrastrando desde 2018, cando se moveron 4.730.190 toneladas de carbón fronte ás 2.162.592 de toneladas do 2019.
Novos tráficos para remontar o 2020
A este panorama iniciado no 2019 haberá que sumar a dramática situación coa que se inicio o presente ano 2020, xa que a maiores da caída da actividade do carbón, haberá que sumar os tres meses de paralización total da actividade portuaria e a case nula escala de cruceiros nas dársenas ferrolás. Todo isto redundará nunha caída, probablemente sen precedentes, nos ingresos das taxas portuarias.
A esperanza para amortiguar o posible descenso de ingresos da entidad portuaria está a ser o tráfico de contenedores, que creceu nun 30% trala posta en marcha das dúas novas liñas da naviera Containerships. O pasado mes de xullo bateu récords cun incremento do 91% con respecto ao mesmo mes de 2019 coa nova liña con destino a Irlanda, Escocia e o oeste de Inglaterra. De feito, na primeira metado do ano movéronse 6.199,75 TEU’ s fronte aos 4.760 do mesmo período do ano anterior.
Outra das esperanzas da Autoridade Portuaria é a entdada en funcionamednto do Posto de Inspección Fronteriza (PIF) no porto exterior de Ferrol e que supoñerá un impulso ao tráfico de mercadorías que proveñan de países de fóra do espazo comunitario, como é o caso de Reino Unido tralo Brexit. Está previsto que a principios do 2021 duplique a súa capacidade.