O PP de Ferrol acusa ao goberno local de «non ter as praias en boas condicións» coa tempada de verán xa empezada

O Concello asegura que tódolos traballos de posta a punto dos areais están avanzados e finalizarán nos próximos días
foto-np-2020.06.16-acceso-playa-de-esmelle (1)

O grupo municipal do Partido Popular denunciu onte o estado dos areais de Ferrol e asegurou que «ningún deles está en condicións para poder disfrutalo, a pesar de que este luns comezou a tempada de praias. “Non se realizaron as rozas nos accesos aos areais, nin se instalaron as casetas de socorrismo nin os aseos portátiles, tampouco contamos co servizo de socorrismo”, lamentaron os populares.

Desde o PP insistiron en que o servizo de instalación de casetas portátiles de socorrismo atópase en mesa de contratación, «o que demostra, unha vez máis, a falta de previsión deste goberno» A isto súmase tamén, critican os de Rey Varela, que non está operativo o servizo de socorrismo, xa que os candidatos deberán superar aínda esta semana dúas probas.

O PP tamén mostrou o seu malestar polo estado dos accesos de moitas das praias e afirmou que «nestes momentos son inaccesibles areais como Esmelle e Ponzos xa que non se instalaron as pasarenas, tampouco na Graña a praia na que sempre se habilitan para facilitar o acceso das persoas con mobilidade reducida. «Duchas sen instalar, papeleiras cheas de lixo, maleza sen rozar, mobiliario roto» son algunhas das denuncias que trasladou o Partido Popular ao goberno de Ferro.

Avance dos traballos

Pola súa banda, a Administración Local considera que sí están avanzando as labores que reclaman os populares e detallou que se está levando a cabo varias actuacións nas praias ferrolás de cara ao inicio da tempada de verán. «Ao longo desta semana viñéronse realizando reparacións e labores de mantemento en Ponzos e hoxe, xoves día 18, faranse as probas de selección de socorristas», explicaron.

Do mesmo xeito, explicaron desde o goberno socialista «leváronse a cabo rozas nos accesos aos areais e proximamente vanse instalar as casetas para a incorporación do servizo de salvamento, que estará activo durante tres meses». Durante a Comisión Informativa de Medio Ambiente, Urbanismo, Servizos, Obras, Seguridade e Contratación celebrada onte, a concelleira Ana Lamas tamén fixo un repaso pormenorizado dos traballos de roza de vías e limpeza de gabias na zona rural, iniciados a principios de maio.

Ata o momento, completáronse en Santa Icía, Mandiá- Papoi e Covas, aínda que nalgún caso vaise facer un novo repaso proximamente. En  Esmelle estanse a realizar as rozas unha vez se concluíu a limpeza de gabias, un traballo tamén rematado en San Xurxo e que se está a levar a cabo en Doniños.

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.