A portavoz adxunta do Grupo Popular de Ferrol, Martina Aneiros, revelou hoxe que o estado de execución do orzamento municipal prorrogado do 2020 ao 31 de xuño é demasiado baixo, tan só de de un 30%. “Resulta incrible que a pesar de todas as necesidades que ten Ferrol o goberno non investira aínda o 50% do orzamento prorrogado para este ano», dixo.
Segundo os popualres é de destacar «o mínimo grao de execución de partidas orzamentarias como a destinada ao mantemento de viais, onde só se gastaron un 8% dos catro millóns dispoñibles», algo que resulta inconcibible, afirmou Martina Aneiros. Ademais, lembrou que o ano pasado o grupo popular presentou un plan de mantemento en viais e edificios públicos que non foi recollido polo actual goberno local.
Con respecto á área de Benestar Social, Aneiros Barros advertiu que, a pesar da situación que estamos a atravesar debido ao Covid-19, chama a atención tamén a escasa execución do orzamento neste departamento en comparación co 2019. “Só gastaron un 34%, tres puntos menos que o ano pasado cando é evidente que a situación de vulnerabilidade dos ferroláns é moito peor que no 2019” tras a crise sanitaria derivada do coronavirus. Por iso desde o principal grupo da oposición instan ao goberno «a traballar na execución do orzamento á vista das necesidades dos ferroláns», concluíu a voceira Martina Aneiros.