O PP de Ferrol levará a pleno a ampliación do local social de Serantes

Os populares proxectan a modernización das actuais instalacións e a creación dunha superficie anexa de 200 metros cadrados para usos lúdicos
2020.09.21 Foto-NP Local AVV San Salvador Serantes

O portavoz do Grupo Popular José Manuel Rey Varela presentou onte a primeira das tres mocións que os populares defenderán no pleno de fin de mes, que se celebra este xoves. Así recollendo a petición histórica da asociación de veciños San Salvador de Serantes solicitarán a ampliación do local social, «instalación que se lles quedou pequena dado o variado e amplo programa de actividades sociais, culturais e lúdicas que realizan durante todo o ano», avanzou o portavoz popular.

«O proxecto de ampliación que propoñemos foi acordado cos veciños e veciñas e coa entidade veciñal que participaron na elaboración do deseño. Un deseño que aposta por unhas instalacións modernas, accesibles e con novos espazos para o desenvolvemento de diferentes actividades entre as que se atopan actividades sociais para maiores relacionadas coa prevención de dependencia, talleres de memoria  e outros servizos como fisioterapia, podoloxía e odontoloxía», dixo Rey Varela. O PP tamén pedirá ampliar a oferta lúdica, dirixida aos nenos e nenas, grazas ao novo local anexo que contaría cunha superficie de 200 metros cadrados.

Rey Varela destacou o importante traballo que realizan as asociacións veciñais que son a principal canle de comunicación coas diferentes administracións ás que trasladan a defensa e intereses xerais dos cidadáns. «Temos que ver o auxe e fortalecemento destas entidades como unha valiosa ferramenta para a administración máis próxima, neste caso para o concello de Ferrol, porque canalizan as diferentes demandas por barrios, detectando problemas, deficiencias, necesidades e tamén expectativas que os veciños desa zona queren resolver”, afirmou o líder dos populares ferroláns.

Por iso, o portavoz popular pediu o apoio de toda a corporación para esta moción na que se insta ao goberno municipal a redactar o proxecto de ampliación do local social da AVV San Salvador de Serantes e a súa execución neste mandato.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.