A portavoz adxunta do Grupo Popular, Martina Aneiros, denunciou a situación do sector comercial no centro de Ferrol. Una situación gravemente agudizada pola crise sanitaria que, según os datos aportados polos popualres, deixou un balance de máis de 300 locais baleiros. “Máis de 120 locais teñen a persiana botada nas rúas Real, Dores e Magdalena e máis de 80 nas rúas do Sol e María, esta é a estampa do comercio local” dixo Aneiros. O número de establecementos baleiros continúa noutras rúas como Iglesia (26), Galiano (22), Carmen (18), Coruña (11), Pardo Baixo (10), Terra (7), Concepción Arenal (5), Lugo (4) e Sánchez Barcaiztegui (2).
“O comercio necesita medidas concretas: axudas, flexibilización de trámites administrativos e aparcamentos disuasorios”, insistiu a popular. Se os comerciantes están a facer un gran esforzo por manter abertos os seus negocios o Concello de Ferrol debe axudarlles na medida do posible a soportar esta situación tras a pandemia que castiga a un sector fundamental na nosa cidade.
Cabe lembrar que o goberno de Mato puxo en marcha o durante a pandemia do Covid o Plan de Mellora para a Empregabilidade (PAME–Ferrol) do que xa se beneficiaron 1.155 comerciantes de Ferrol que recibieron algo máis de 1,7 millóns de euros en axudas. De feito, o Concello vén de convocar a segunda liña destas axudas ata completar os 2 millóns de euros que tiña previsto destinar a este programa. O obxectivo é contribuír a paliar os efectos que a crise sanitaria provocou nos autónomos e pemes da cidade. Nese sentido, establécense unhas contías que varían en función de se a actividade viuse afectada polo peche de establecementos decretada co estado de alarma ou de se os seus ingresos víronse reducidos en, polo menos, un 75% con respecto aos meses previos ao estalido da crise.
Ademáis, co obxectivo de incentivar as compras no comercio local, o executivo de Mato tamén deseñou o programa «Ferrol, cidade viva» co que os clientes poden acceder a descontos, sorteos, premios, incentivos ás vendas cruzadas e incluso os puntos acumulados para beneficiarse de promocións co fin de incentivar o consumo. Este proxecto tamén inclúe asesoramento personalizado para os comerciantes e cursos formativos en novas tecnoloxías ou estratexias de venda.