O PP de Ferrol urxe ao goberno a reactivar servizos municipais e actividades básicas

Os populares mostraron a súa preocupación polas medidas que adoptará o executivo local respecto á apertura das praias

O Grupo Popular de Ferrol presentou hoxe un novo paquete de medidas “para avanzar no proceso de desescalada ante a falta de iniciativas e de plans específicos por parte do Goberno municipal”. Os popualres cren que é esencial “reactivar con toda seguridade os servizos básicos e fundamentais, o mantemento e a preparación das instalacións municipais, reactivar a economía a través da recuperación dos mercadillos e feiras son algunhas das medidas incluídas.

Desde o Grupo Popular instouse tamén ao Goberno municipal a  renovar os mercadillos e feiras. “Os vendedores ambulantes non poden seguir sen traballar, o goberno debe informar das medidas de seguridade que vai adoptar, como a separación entre os postos e a posible recolocación dos mesmos”.  O popular manifestou ademais a súa preocupación pola situación de incerteza que viven os hostaleiros, “permitíuselles ampliar as súas terrazas pero non saben nin cantos metros, nin durante canto tempo”.

Os populares mostraron tamén as súas dúbidas con respecto á tempada de praias. “Queremos saber se a contratación das casetas prevé as novas medidas de seguridade, se hai un plan de limpeza para estas instalacións e os aseos que precisan un servizo especial de desinfección e como está o proceso de selección de socorristas”. O Goberno municipal debe informar sobre que medidas adoptará nos areais, seguindo en todo momento as normativas sanitarias para facer fronte ao Covid-19.

“Queremos gozar coa máxima liberdade pero con todas as garantías e condicións de seguridade das nosas praias e dos parques infantís e os biosaudables que abrirán en próximas fases e para os que aínda non presentaron medida algunha”.

Salir de la versión móvil