O PP de Ferrol urxe ao goberno local a presentar un plan de desescalada integral para a cidade

Os populares reprocharon que "aínda non se tomaran medidas" sobre a tempada de praia que comeza no mes de xuño

O Grupo Popular de Ferrol avanzou puxo onte sobre a mesa unha batería de propostas para avanzar durante a desescalada e criticou que o goberno muncipal non propuxera aínda un plan para avanzar nas seguintes fases do estado de alarma.

“Mentres outras cidades xa contan cun plan para levar a cabo unha desescalada gradual e progresiva, Ferrol parece que irá a remolque. Non podemos ser os últimos, o goberno local debe poñerse as pilas e presentar un plan que será fundamental para retornar á vida diaria, ao traballo e que debe prestar atención ás particularidades dos núcleos poboacionais que teñen menos de 5.000 habitantes”, sinalaron os popualres.

Ademáis, urxiron un plan de mobilidade que contemple qué rúas vanse cortar ao tráfico para facilitar os paseos e que recolla, ademais, a posibilidade de ampliar o espazo destinado ás terrazas. “Lamentamos tamén que, a día de hoxe, o goberno local non teña todo preparado por se se inicia a tempada de praias o próximo mes de xuño. Nada se sabe da contratación de servizos como as casetas ou os profesionais que se farán cargo da prestación do servizo de socorrismo durante o verán. Outro exemplo da falta de previsión”, reprocharon desde o PP.

Os de Rey Varela apremiaron tamén a Administración local para que poña en marcha moitas das medidas sociais aprobadas en xunta de portavoces. “Deben executarse xa, é un prexuízo para os nosos veciños”. Creen os populares que o goberno socialista debería poñer en marcha una liña directa de axudas sociais de dous millóns de euros, como se fixo cos autónomos e pemes.

Salir de la versión móvil